FOTOGALERÍA | Os campus deportivos de Xinzo poñen fin a unha semana de actividades

Os integrantes do campus de baloncesto, organizado pola A.B Xinzo. | FOTOS: Noelia Caseiro.
A concelleira de Deportes, Cristina Campero, entregou diplomas e agasallos aos participantes do campus de tecnificación en fútbol.
A actividade das Escolas Deportivas do Concello de Xinzo rematou esta mañá.
Cristina Campero deulle un dulce presente aos pequenos xogadores de baloncesto.

Os campus de tecnificación en fútbol e baloncesto, organizados polas Escolas Deportivas do Concello de Xinzo e a Asociación de Baloncesto Xinzo coa colaboración do Concello, remataron esta mañá. Cada un deles logrou reunir a uns 80 cativos, amosando o seu éxito neste inicio das vacacións de verán.

A concelleira de Deportes, Cristina Campero, visitounos nes último día para despedilos. Entregou diplomas e agasallos entre os participantes, que son o futuro do deporte limiao.