FOTOGALERÍA | Os limiaos celebran o Día de Galicia con música e tradición
26 de julio de 2023 (11:55 h.)
O Día de Galicia celebrouse este martes en Xinzo cun solemne acto no Parque de Galicia, no que se fixo unha ofrenda floral coa presenza do alcalde, Amador Díaz; os concelleiros do Goberno local Carlos Gómez, Ángeles Martínez, Cristina Campero e Ricardo Sieiro; e na que tamén participou o voceiro municipal do BNG, Camilo Vila. Ademais, a banda limiá de música tradicional Tarde Piache, colaborou neste recoñecemento.
Despois da ofrenda floral, comezou no barrio do Polígono 2 o espectáculo musical Camiñantes e Cantantes, de La Ocaband. Esta proposta artística mesturou os grandes éxitos da música galega co Camiño de Santiago, contando coa participación de Manuel Manquiña, Pili Pampín e Pepo Suevos.