FOTOGALERÍA | Romanos e castrexos toman o control das rúas de Xinzo (I)

A primeira noite do Esquecemento contou co desfile inaugural castrexo-romano. | FOTOS: Noelia Caseiro.

A Festa do Esquecemento comezou este venres, enchendo as rúas de Xinzo de castrexos e romanos. A última hora da tarde, o campamento abría a todo o público para dar comezo a esta gran festa que, na noite, tivo o seu gran desfile inaugural pola vila.

Castrexos e romanos percorreron as rúas de Xinzo entre lumes e gritos de guerra, pero tamén moita música. Este sábado, ás 20:30 horas haberá un novo desfile.