FOTOGALERÍA | Diferentes xeracións unidas polo cachibol
21 de junio de 2024 (12:00 h.)
Na mañá do venres, os alumnos de 1º de ESO do instituto limián IES Lagoa de Antela tiveron un encontro co equipo de cachibol do Concello de Xinzo no pavillón municipal da vila. As dúas xeracións, unidas por este deporte, disfrutaron dunha mañá de xogo e diversión.
O obxectivo desta actividade era fomentar a unión entre as diferentes xeracións mediante o deporte.