FOTOGALERÍA | A Limia corre pola igualdade na previa do 8M

FOTOS: Noelia Caseiro.

Máis de 200 escolares da comarca sumáronse á carreira non competitiva organizada por Deporte Galego para reivindicar a igualdade de xénero no deporte e na sociedade. O evento encheu as rúas de Xinzo de Limia de enerxía e compromiso, cunha meta clara: construír un futuro máis igualitario.

Ao rematar a proba, alumnas do CEIP Carlos Casares e do IES Lagoa de Antela puxeron voz á reivindicación coa lectura dos seus manifestos. Unha xornada inspiradora que demostrou que a igualdade tamén se corre