FOTOGALERÍA | A Pantalla que volveu á vida

FOTOS: Noelia Caseiro.

Con emoción nos ollos, Jesús "Suso" Fariñas saíu á rúa cunha pantalla do 1950, cargada de historia.

Esta pantalla levaba o selo de mans traballadoras: Alejandro Rivero, artesán da máscara; Quique e Raúl, encargados da capa e dos polis; e, sobre todo, o amor e o recordo da súa avoa, Carmen Gómez.

O son das campas e o latexo da tradición enchían o aire, mentres Suso, entre lembranzas e orgullo, devolvía a esta xoia do Entroido o seu lugar na festa.