FOTOS | Comercio e Concello transforman Xinzo nunha vila de conto
04 de diciembre de 2021 (08:17 h.)
En Xinzo xa se respira o Nadal. A forte aposta que Concello e Prolimia fixeron vén de transformar á vila. Plantas naturais, iluminación, unha pista de xeo natural e a colaboración dos comerciantes cos seus decorados fan da capital antelá destino obrigatorio nestas datas, nas que tamén se poderá aforrar un trinta por centos nas súas compras se se fan cun dos 600 bonos que a institución municipal e Prolimia poñen a disposición dos visitantes.