FOTOS | Enterro da sardiña en Xinzo de Limia
02 de marzo de 2022 (22:44 h.)
O Enterro da sardiña, malia chuviscada, celebrouse en Xinzo con todas as honras e a retranca que merece o asunto. O carnaval 2022 esmorece. A xente, pouca, acompañou á defunta, que deixou moitas bágoas mentireiras e un testemuño corrosivo do que foi outro ano complicado. Noelia Caseiro capturou en imaxes este mércores cincento en Xinzo.