FOTOS | Revive o Entroido en 100 instantes
12 de marzo de 2022 (18:46 h.)
A cámara de Noelia Caseiro capturou miles de momentos irrepetíbeis durante cinco semanas de troula en Xinzo de Limia. Un Entroido que comezou en plena sexta onda da covid e rematou co inicio dunha guerra inquietante no leste de Europa, un contexto difícil. As xentes da Limia xa esperan polo Entroido do 2023, e poder celebralo en paz e tranquilidade. Mentres, o Entroido do 2022 ficará para sempre na memoria.