GALERÍA | 40 kilos de castañas para celebrar o Magosto de Xinzo
Durante a tarde e noite deste venres, o Concello de Xinzo de Limia, puido celebrar por todo o alto a súa ansiada festa do Magosto. Máis de cen veciños e veciñas de toda a comarca -e mesmo algún visitante da península- acercáronse á praza Xoán XXIII para compartir una boa xornada coas seus amigos e coñecidos ademais de desfrutar das castañas asadas, xogos populares e moita música.
Ás 16:30 horas da tarde, os membros do CDR O Viso, estiveron ensinando aos cativos e demais curiosos unha serie de xogos tradicionais. Entre eles destacaron o "apaña castañas", ou "apaña patacas", "os aneis" -lanzamento de aros- , "as boinas" -coma unha especie de frisbee- , "a porca -semellante ao hockey- , o tiro ao prato, o tirabólas, o mini-golf, e o pescabotellas... entre outros moitos.
Pasadas as 18:00 horas, procedeuse a ir asando nas castañas, o produto estrela do Magosto. Houbo uns 40 kilos totais do froito do castaño disposto en sacos. Mentras os asistentes comían, a banda da Cidade de Antioquía, amenizou a velada con música tradicional galega facendo que moitos se animaran a bailar.
Sobre as 21:30 horas iniciouse o esperado concerto, "Tanxendo en galego", de Xisco Feijoó e Artur Puga. Unha velada chea de música popular que fixo que moitos dos asistentes non dubidaran en seguir movendo o corpo nunha noite na que collía protagonismo o frío derivado da xeada. Ás 22:30 da noite deu comezo unha foliada aberta para todo o público.