GALERÍA | Merca un crisantemo do Xardín da Limia de Xinzo polo Día de Todos Os Santos
Quedan menos de dúas semanas para que se celebre o Día de Todos Os Santos, unha festividade que ten coma costume recordar aos seres queridos que pasaron a mellor vida. Nestas datas sóese levar ao camposanto pequenos agasallos que teñen coma protagonista ás flores, destacando entre elas os xa coñecidos crisantemos.
No Xardín da Limia do Concello de Xinzo de Limia, empresa adicada á venta de plantas e árbores de diversa variedade dende fai máis de 20 anos, contan cun sinfín de testos de crisantemos listos para regalar nesta data tan especial. Cabe destacar que tamén dispoñen de árbores froitais, plantas de tempada, hortalizas, arbustos... e mesmo produtos fitosanitarios.
Todos os interesados poden acudir ao recinto da empresa, situada na Pista Da Devesa en Xinzo de Limia, e elexir entre unha ampla gama de categorías do crisantemo, na que tamén destacan a enorme variedade de cores. Un dos tipos máis vendidos é o modelo "de bóla", o cal se pode atopar a un prezo moi económico dende os catro euros ata os sete -e por dez para os que desexen unha maior cantidade de cabezas de flor- . Tamén destaca a variedade "de pompón", cun custe a elexir entre cinco, sete, dez e 12 euros, e "as xardiñeiras", a cinco, nove e 12 euros. O precio de cada unidade variará dependendo do tamaño do testo e do número de cabezas da flor coa que conte a planta.
Xardín da Limia permanecerá aberto de luns a sábados en horario de 9:00 a 14:00, e de 16:00 a 20:30. Non dubides en botarlle unha ollada a todos os seus produtos e, como non, en mercar un crisantemo para regalarlle aos teus seres queridos. A planta pode chegar a durar moitos meses se a coidas ben.