GALERÍA | Xinzo vístese "de medo" para este Samaín
27 de octubre de 2021 (10:43 h.)
O Concello de Xinzo de Limia comeza a prepararse para recibir a festividade do Samaín este vindeiro domingo. Nalgún locais do municipio xa se poden ver moitos dos ornamentos e adornos típicos da celebración, que dotan á vila dunha imaxe e ambiente de medo e terror propio destas datas.
Aínda así, seguen a ser poucos os establecementos e recintos que deciden animarse a decorar os seus escaparates. Haberá que esperar aos vindeiros días para ver se hai máis veciños que se animen a unirse ao resto de festexantes.