O Concello de Xinzo entregou 60 árbores ás Anpas dos dous CEIPs da vila, con motivo do Día da Árbore; para que as plantasen os rapaces.
O obxectivo disto é o de sensibilizar ao alumnado sobre a importancia das árbores nunha época de pandemia, na que adquirimos unha especial conciencia da necesidade de protexer a natureza.
Os exemplares foron sorteados entre os escolares, que agora alardean da plantación.