GALERÍA | Fin de festa de Alimagro ao son dun carro... E das gaitas
05 de septiembre de 2021 (22:06 h.)
A segunda edición dunha feira que persegue converterse en referente do sector na provincia botou esta noite o peche. Fíxoo logo de rexistrar unha continua afluencia de público, moi familiar, durante toda esta xornada dominical, onde os que máis desfrutaron foron os cativos, enriba dos moitos elementos mecánicos que exhibían as comercializadoras de maquinaria presentes no certame.
Unha xunta de vacas foi o atractivo matutino. A banda de gaitas local, a excelente temperatura e a presencia de cativada emocionada con tanto enxeño mecánico resumen a tarde do fin de festa de Alimagro.