GALERÍA | O VI Memorial Toñito Maestro despídese "pasado por auga"

Competicións polo terceiro e cuarto posto da categoría benxamíns. | FOTO: Laura Rodríguez.
Juan, Manuel e Santos.
Julia e Gaspar de Vigo.
Lorenzo, Noemí, Flori, Marina, Toni e Lito de Ourense.
Iago, Pablo, Hugo, Santi, Iván, Manoli, Ana e Ángeles de Xinzo.
Manu e Carlos de Ourense.
Enrique e Jaci de Vigo.
Noelia, Mónica, Julio, Mari, Lourdes, Bea, Susana e Mari de Xinzo.
Rubén, Silvia, Lorena, Darío e Jorge de Ourense.
Público asistente ao Memorial.
Partidos finais da categoría de benxamíns.
Público asistente ao Memorial.
David, técnico de deportes de Xinzo, anuncia o sorteo final do evento.
Sorteo do Memorial.
Entrega de premios aos participantes dos partidos.
O concelleiro de infraestruturas, Rafa Penabad, facendo entrega dos trofeos.
Entrega de premios aos participantes dos partidos.

Calcúlase que preto de 1.500 persoas puideron desfrutar esta fin de semana do VI Memorial Toñito Maestro, un evento de competición futbolística de base no que participaron o R.C. Celta, as Escolas Deportivas de Barbadás, o Pabellón Club de Fútbol de Ourense, o E.D.C. Xinzo de Limia, o Ourense C.F., e a Unión Deportiva de Ourense.

Durante a sesión de alevíns do sábado, o R.C. Celta consegueu facerse coas vitorias das categorías do primeiro e segundo ano, deixando en segundo posto ao E.D.C. Xinzo de Limia e ao Pabellón Club de Fútbol de Ourense en cada unha das seccións respectivas. 

Cara ás 17:00 horas da tarde, os veciños e asistentes rendiron homenaxe ao querido Toñito Maestro, persoalidade recoñecida pola súa axuda e adicación aos nenos xogadores do fútbol base no Concello de Xinzo. 

No último día, a xornada estivo marcada por choivas intermitentes nos partidos finais dos bexamíns. O R.C. Celta voltou a declararse campión na categoría do primeiro ano, mentras que no segundo ano, a Unión Deportiva de Ourense consegueu facerse co trofeo impedindo que o equipo vigués conseguira todas a vitorias do memorial. En ambas categorías rematou como segundo o Pabellón Club de Fútbol de Ourense.

O evento non só beneficiou aos amantes do fútbol e do deporte, senón que tamén resultou ser toda unha sorpresa para os traballadores da hostalería do concello. Moitos dos asistentes do evento contribuíron ao fomento do comercio local da vila, sobre todo consumindo comida e bebida nos bares e restaurantes da zona vella.

RESULTADOS DO MEMORIAL:

CATEGORÍA ALEVÍN 1º ANO:

  • R.C. Celta
  • E.D.C. Xinzo de Limia
  • Pabellón C.F.
  • Ourense C.F.
  • U.D. Ourense
  • E.D. Barbadás

 

CATEGORÍA ALEVÍN 2º ANO:

  • R.C. Celta
  • Pabellón C.F.
  • E.D.C. Xinzo de Limia
  • Ourense C.F.
  • U.D. Ourense
  • E.D. Barbadás

 

CATEGORÍA BENXAMÍN 1º ANO:

  • R.C. Celta
  • Pabellón C.F.
  • E.D.C. Xinzo de Limia
  • E.D. Barbadás
  • U.D. Ourense
  • E.D.C. Xinzo de Limia

 

CATEGORÍA BENXAMÍN 2º ANO:

  • U.D. Ourense
  • Pabellón C.F.
  • R.C. Celta
  • Ourense C.F.
  • E.D.C. Xinzo de Limia
  • E.D. Barbadás