GALERÍA | Arranca o Novembro Musical de Xinzo con catro bandas de escola galegas
Este sábado ás 16:00 horas deu inicio o programa "Novembro Musical", un festival organizado pola Agrupación Musical da Limia que ofrecerá diversas actuacións musicais no Concello de Xinzo. Nesta xornada celebrouse o Festival de Bandas Escola, unha sesión convidou a tocar á Banda Escola Municipal de O Porriño, á Banda do CMUS de Verín, á Banda da Escola de Boborás, e á agrupación local da Banda da Escola de Música da Limia.
O evento foi todo un éxito, pois logrou encher máis da metade dos bancos da Igrexa Nova da vila. Xente de todas as idades reuníuse para desfrutrar dunha sesión dúas horas e media de concertos sinfónicos.
A agrupación que inaugurou o comezo do festival foi a Banda do CMUS de Verín. Durante a súa actuación destacou a interpretación dun tema do xénero rock do coñecidísimo grupo Queen, Bohemian Rhapsody, o cal logou levarse a maior parte dos aplausos do público. A banda despediuse con moito ritmo tocando un famoso pasodobre.
Tras o grupo verinense actuou a Banda da Escola Municipal de O Porriño. Os músicos tocaron o coñecido tema de A Cova do Rei Cintolo, e mesmo se atreveron a incluír pequenas intervencións corais. Como punto final incluíron unha pequena actuación na que sorprenderon aos asistentes ao incorporar unha gaita á formación.
En penúltimo lugar participaron os membros de a Banda da Escola de Boborás. Na súa despedida interpretaron o tema tradicional galego, "A miña rosiña", o cal consegueu animar profundamente o ambiente da igrexa.
Finalmente, os locais da Banda da Escola de Música da Limia remataron o festival con pequenos toques humorísticos resaltando a intevención do triángulo nalgúns dos temas musicais que tocaron.
O próximo sábado 13 de novembro continuarán as sesións do Novembro Musical, neste caso cun Festivais de Corais ás 17:00 horas da tarde.