FOTOGALERÍA | Xinzo pecha o segundo día das festas de Santa Mariña con éxito de participación veciñal
17 de julio de 2023 (11:57 h.)
Este domingo, Xinzo de Limia festexaba o segundo día, dos catro que as conforman, das festas da Santa Mariña. A xornada comezaba pola mañá coa sesión vermouth cos grupos Micalips e Lethx.
Pola tarde, a narradora Vero Rilo foi a encargada de deixar ós máis cativos da vila boquiabertos cunha actuación adicada exclusivamente para eles. Posteriormente, ás 20:00 horas, o grupo ourensán En Mala Hora, comezaba o seu concerto na praza de Oriente.
Paralelamente a estes actos, na praza Carlos Casares tiña lugar o Lost in Antioquía Festival, que contou con DJ's e artistas recoñecidos coma o grupo Dasoul.