O Conservatorio de Música de Xinzo contou esta semana cunha xornada diferente. Os músicos máis novos do centro estiveron cos máis cativos das clases de Música e Movemento e Iniciación Musical, aos que lles ensinaron os instrumentos que tocan e interpretaron algunhas pezas. Os pequenos viron como tocan o piano, a frauta ou varios instrumentos de vento metal foron os primeiros que coñceceron. Nun futuro próximo, poderán elexir entre algún destes instrumentos para avanzar na súa formación musical.