FOTOGALERÍA | En Xinzo tamén se botan ás rúas polo Nadal (I)

FOTOS: Noelia Caseiro.

En Diario do Limia temos á mellor fotógrafa da Limia -e máis alá-, e Xinzo ten as ganas de festas no seu ADN. Só así se explica a resposta de público ás actividades organizadas para o desfrute das festas de Nadal. 

O Apalpador e o seu inseparable "Billy" sentíronse moi ben arroupados polas rúas do casco vello. A mostra de Nadal da Escola Fusión Fitness na Praza Maior deixou moi claro que nenos e maiores saben e poden desfrutar xuntos bailando. 
O Auditorio Ángel Cocho da Casa da Cultura quedouse pequeno para acoller o concerto ofrecido polas alumnas e alumnos da Escola de Gaitas e Percusión do Concello de Xinzo de Limia.