Actividades para hoxe e esta fin de semana
AXENDA | O Museo da Limia entrega o premio Pedra Alta en Vilar de Santos
25 de noviembre de 2022 (16:38 h.)
A axenda de actividades desta fin de semana contén varias citas na comarca, con especial importancia a entrega do premio Pedra Alta que concede o Museo da Limia á Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural. Aquí un resumo:
25 DE NOVEMBRO
Vilar de Santos
- 18:00 horas: Representación teatral de "Ante o reflexo" da asociación de mulleres rurais Arracada no Salón de Actos do Concello.
Xinzo
- 20:00 horas: O Conservatorio de Música de Xinzo festexa o día de Santa Icía, patroa dos músicos, co concerto de Alfonso Medela e o seu grupo Jazz Ad Libitum no Auditorio "Ángel Cocho" da Casa da Cultura.
- 20:00 horas: Primeiro encontro de Cafés do BNG no Café Rudi. Abordarase o tema "As violencias machistas. Tipos de violencia, como identificalas e como eliminalas", coa colaboración da experta en igualdade Raquel López.
26 DE NOVEMBRO
Vilar de Santos
- 12:00 horas: Entrega do premio Pedra Alta á Sección Antela da Sociedade Galega de Historia Natural no Salón Multiusos da Casa do Concello.
- 14:30 horas: Xantar cun menú de cocido no restaurante O Churrero con motivo da entrega do premio Pedra Alta.
Xinzo
- 17:00 horas: Charla informativa sobre a "ameaza eólica" no salón de plenos do Concello de Xinzo. Interveñen a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza, Stop Eólixos Xurés-Celanova, Club Parapente de Baltar e o Sindicato Labrego Galego.