Na Deputación de Ourense
Baltar recibe despois de dous anos ao alcalde de Sandiás
24 de junio de 2021 (20:10 h.)
O alcalde de Sandiás, Felipe Traveso, foi recibido por Manuel Baltar na Deputación de Ourense. O portavoz de Agrelsan viña acusando dende fai tempo ao presidente do Pazo Provincial de "trato discriminatorio co seu concello" porque facía "case dous anos que non o recibía".
Despois de todo ese tempo, Baltar e Traveso mantiveron unha reunión hoxe a mañá. O rexedor municipal declara que esta xuntanza era "moi esperada" para tratar todas as necesidades que ten a veciñanza do municipio. Traveso expresa que o encontro foi "moi tenso" ao principio porque o enfado era evidente. Afortunadamente, chegouse a un acordo de colaboración institucional entre as dúas administacións.