Os casos activos na comarca ascenden a un total de 39
CORONAVIRUS A LIMIA | Trasmiras, Xinzo e Vilar de Barrio, os únicos concellos que suman contaxios
18 de noviembre de 2021 (12:40 h.)
Os contaxios na Limia continúan o seu lento ascenso ata sumar un total de 39 casos activos en todo o territorio.
O concello que segue a preocupar é o de Trasmiras, que incorpora dous novos positivos ata situarse nos 13 contaxiados pola Covid, a cifra máis alta dos once membros de toda a comarca.
Tras del sitúase Xinzo de Limia, rexistrando doce casos ao subir só un dende a xornada de onte.
Vilar de Barrio tamén engade dous novos positivos e contabiliza cinco contaxios nos seus resultados.
Pola contra, o único municipio que descende en datos do coronvirus é Porqueira. O concello resta un contaxio e sitúase cun total de catro casos activos.
O resto de territorios da Limia permanece estable.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 18/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 4 (-1)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 3
- Sarreaus: 1
- Trasmiras: 13 (+2)
- Vilar de Barrio: 5 (+2)
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 12 (+1)