CORONAVIRUS A LIMIA | Explosivo avance: 22 novos casos na comarca
Nesta nova semana, a comarca rexistra unha subida bastante considerable nos casos derivados da Covid - 19. Concretamente, os territorios suman 22 novos contaxios, dos cales, case a metade son do gromo de Sarreaus. En total, a Limia contabiliza 66 positivos entre os sete concellos que presentan contaxios. Só son catro os territorios que seguen a permanecer libres do virus.
Sarreaus informaba dun gromo detectado a pasada semana no CDR O Viso de Lodoselo. 13 persoas do centro - nove residentes da vivenda comunitaria e catro traballadoras da entidade- daban positivo ao realizárenlles PCRs durante a xornada do venres. No día de hoxe, según datos oficiais, o concello rexistra 11 casos activos.
Xinzo de Limia amosou tamén unha subida preocupante nas súas cifras de contaxios sumando sete novos positivos. O territorio ascende así a un total de 20 casos.
Trasmiras e Vilar de Barrio incorporan dous novos positivos cada un. O primeiro concello limiá sobe ata os 18 contaxios, e o segundo ata os 9.
Sandiás é o municipio que suma menos casos no día de hoxe -soamente un- e ascende ata os cinco casos activos.
Pola contra, o Concello de Porqueira segue a ser o único concello da comarca que baixa en contaxios. Descende dous positivos rexistrando dous casos activos en todo o territorio.
Vilar de Santos permanece estable amosando un só contaxio dende o pasado martes día 16 deste mes.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 22/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 2 (-2)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 5 (+1)
- Sarreaus: 11 (+10)
- Trasmiras: 18 (+2)
- Vilar de Barrio: 9 (+2)
- Vilar de Santos: 1
- Xinzo de Limia: 20 (+7)