CORONAVIRUS A LIMIA | A covid segue estancada en niveis baixos desde que comezou abril
Hai dúas semanas, o martes 12 de abril, A Limia rexistraba 90 contaxios activos por covid. Hai sete días, o martes 19 de abril, o mesmo día que a máscara deixou de ser obrigatoria na maioría dos espazos públicos, o número de casos era 85. Hoxe, a estatística oficial informa de que son 86 os casos na comarca.
A covid presenta unha incidencia baixa, se se comparan os datos actuais cos de comezos de ano, e mesmo cos de hai un mes.
Así están os rexistros:
BALTAR (variación -1) 11 (activos)
OS BLANCOS (-1) 3
CALVOS DE RANDÍN (+1) 1
PORQUEIRA (-1) 1
RAIRIZ DE VEIGA (=) 4
SANDIÁS (=) 5
SARREAUS (=) 4
TRASMIRAS (+2) 9
VILAR DE BARRIO (=) 4
VILAR DE SANTOS (+1) 2
XINZO DE LIMIA (-3) 42
A estatística de novos contaxios detectados nos últimos sete días indica que en Xinzo foron 30. En Porqueira non se rexistraron novos contaxios nese período. E é o único concello de toda a comarca no que isto sucede.
A Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou hoxe que, na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 14.798, deles 2.032 están na provincia de Ourense, onde os casos volven aumentar desde hai uns días.