O resto de membros da comarca manteñen as cifras a cero

CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo e Baltar, os únicos concellos da Limia con positivos

Centro de Saúde de Xinzo de Limia.

Boas novas para a comarca da Limia, actualmente só se rexistran casos activos por mor da Covid - 19 en dous concellos, Xinzo de Limia e Baltar.

Ámbolos dous territorios contabilizan dous contaxiados nas cifras totais, co que se obtén un resultado de catro positivos para toda a Limia.

O resto de concellos non amosaron ningunha variación, as súas cifran mantéñense a cero. Polo momento, son nove os membros do grupo libre de coronavirus.

Rexistro de casos por Covid - 19 na Limia o 4/10:

  • Baltar: 2
  • Os Blancos: 0
  • Calvos de Randín: 0
  • Porqueira: 0
  • Rairiz de Veiga: 0
  • Sandiás: 0
  • Sarreaus: 0
  • Trasmiras: 0
  • Vilar de Barrio: 0
  • Vilar de Santos: 0
  • Xinzo de Limia: 2