O resto de concellos mantéñense estables
CORONAVIRUS A LIMIA | Xinzo incorpora un positivo máis
07 de abril de 2021 (16:49 h.)
O concello de Xinzo de Limia, que contaba con cinco casos activos de Covid-19, suma hoxe un positivo, pasando a ter seis.
Os demais municipios da comarca mantéñense estables e libres do virus, agás Porqueira, onde onte se rexistrou un contaxio.
Segundo decretou o Comité Clínico que asesora á Xunta de Galicia na xestión da pandemia, Xinzo pasará ó nivel máis baixo de restricións este venres día 9, polo que todos os concellos da bisbarra estarán no nivel mínimo.