CORONAVIRUS A LIMIA | Xornada de subida por mor de tres casos en Sarreaus
14 de diciembre de 2021 (18:53 h.)
Tras o día de onte, un luns que reflectiu o aumento da mobilidade e da interacción social durante a ponte dos festivos do 6 e 8 de decembro, os datos trasladados polas autoridades sanitarias amosan una pequena subida dos casos activos de COVID-19 nos nosos concellos.
O que marca a tendencia de hoxe é o Concello de Sarreaus que anota tres casos máis e fai que o conxunto da comarca suba un total de dous casos. Desta vez a vila de Xinzo de Limia non sofre ningunha variación.
O resto dos concellos tampouco varian a cifra dos casos activos, agás o de Rairiz de Veiga que pasa de dous casos a un.
- Baltar: 2
- Os Blancos: 1
- Calvos de Randín: 4
- Porqueira: 0
- Rairiz de Veiga: 1 (-1)
- Sandiás: 5
- Sarreaus: 8 (+3)
- Trasmiras: 4
- Vilar de Barrio: 1
- Vilar de Santos: 3
- Xinzo de Limia: 49