A alerta activarase dende as 13:00 ata as 21:00 horas
NOTICIAS A LIMIA | Alerta amarela por treboadas para a tarde de mañá no sur de Ourense
25 de agosto de 2021 (21:23 h.)
A AEMET -Axencia Española de Metereoloxía- acaba de activar o aviso amarelo por choiva e treboadas para a tarde de mañá xoves 26 de agosto en grande parte do sur da provincia de Ourense. As horas de maior risco comprenden entre as 13:00 do mediodía ata as 21:00 horas.
Segundo advirten os especialistas, a probabilidade de que se den está entre o 40 e o 70 por cento. É por isto que se considera convinte extremar ás precaucións.