NOTICIAS A LIMIA | Selección de persoal administrativo e docente en Sarreaus e Trasmiras
O BOP -Boletín Oficial Provincial- de Ourense publicou onte a resolución das bases para a creación dun proceso de selección de persoal directivo, docente e de apoio enmarcado dentro da iniciativa do proxecto Obradoiro de Emprego Carreiro Ladrón. Un plan de formación e empregabilidade dual do que forman parte os Concellos de Sarreaus, Trasmiras e tamén Laza.
Os contratos ofertados serán de modalidade laboral temporal, cunha duracion máxima de nove meses. As prazas convocadas centraranse nos postos de director, persoal administrativo, e persoal docente.
Todos os interesados e interesadas terán un prazo de cinco días naturais a partires de hoxe. A inscrición poderá realizarse no Rexistro Xeral do Concello de Sarreaus -de 9:00 a 14:00 horas-. ou dos diversos modos que establece o artigo 16.4 da lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común público.
Para obter máis información haberá que acudir ao taboleiro de anuncios, á páxina web ou á sede electrónica dos Concellos de Sarreaus, Trasmiras e Laza.