NOTICIAS A LIMIA | Auga Limpa reaparece en Ourense nunha mesa redonda de Ecoloxistas en Acción
No mesmo lugar que hai dous anos, poucas semanas antes da pandemia, Manuel García participara, en nome da plataforma Auga Limpa Xa, nunha conferencia de Rosa Diez Tagarro, portavoz da coordinadora estatal Stop Ganadería Industrial, o colectivo veciñal volve á palestra. Será este venres (19:00 horas) no Edificio de Ferro do Campus de Ourense.
Carlos Rodríguez, presentado como investigador e científico e membro da plataforma Auga Limpa, compartirá unha mesa redonda con Sonia Vidal, produtora limiá e membro da executiva do Sindicato Labrego Galego; Pablo Mira, profesor da USC; e Isabel Fernández, responsábel da campaña de Ecoloxistas en Acción Os rostros da soia.
O acto, que organiza Ecoloxistas en Acción (un colectivo que nos últimos dous anos colleu á bandeira da defensa do medioambiente na Limia), será moderado pola xornalista Xiana Cid.
Ademais da mesa redonda, proxectarase o documental A cara B da Limia, e tamén se presentará o informa Coa soia ao pescozo.
En outubro do ano pasado, Auga Limpa Xa!, xunto á Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Greenpeace, Ecoloxistas en Acción, Amigos da Terra, Verdegaia e a Federacion Ecoloxista Galega (FEG), organizadas baixo o paraugas da Coordinadora Stop Gandería Industrial, manifestouse diante da Xefatura Territorial de Medio Rural e no rexistro do Edificio Administrativo da Xunta en Ourense, para denunciar a proliferación de instalacións de gandaría industrial na Galicia.