NOTICIAS A LIMIA | A Xunta destina catro millóns de euros para a mellora dos regadíos da Limia
Na tarde de hoxe, o concelleiro de Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, e o delegado territorial da Xunta, Gabriel Alén, reuníronse no Concello de Porqueira xunto aos integrantes do comité de seguemento da Mesa dos Regadíos da Limia para tratar a temática da mellora dos sistemas de regadío na comarca.
Na xuntanza o concelleiro anunciou o inicio inmediato dunha serie de traballos centrados na construción de 42 novos pozos en catro territorios da comunidade galega. Serían, San Salvador de Sabucedo -con 6 pozos- , Lamas Ganade -con 13- , Corno do Monte -con 13- , e a Alta Limia -con 10- . O presuposto total a prol do regadío no rural suporá un gasto total de 4 millóns de euros para a Xunta.
O proxecto acollerá as obras necesarias para a correcta captación das augas subterráneas dende pozos de sondeo e para a súa posterior distribución mediante unha rede de tuberías enterradas ata cada unha das zonas de regadío. Grazas a isto, os agricultores poderán dispoñer dunha toma de auga máis próxima aos seus cultivos -o cal facilitará as labores de regadío-, e dun caudal mínimo que favorecerá un uso máis eficiente da auga.
Durante a reunión, o concelleiro recordou os 12 millóns de euros que destinará o Ministerio á limpeza dos canais e camiños da Limia co obxectivo de mellorar a xestión dos subprodutos gandeiros e evitar e reducir o impacto medioambiental desta industria primaria na comarca.
José González tamén mencionou o Plan Extraordinario de reparación dos camiños rurais da Limia, dotado cun presuposto de 600.000 euros, e que prevé arranxar un total de 4.718 kilómetros repartidos entre 12 concellos.