NOTICIAS A LIMIA | Baltar e Calvos de Randín, na cerna dunha asociación de concellos na raia
Avanza o proceso de constitución da Agrupación Europea de Cooperación Territorial Raia Seca / Xurés-Gerês. A reunión na Deputación estivo dirixida polo vicepresidente segundo da Deputación, César Fernández, e nela tratouse de empezar definir obxectivos e liñas de traballo fundamentais dunha asociación que pretende estar constituída este mesmo ano.
Informouse ademais sobre o procedemento e pasos necesarios para avanzar na posta en marcha desta AECT. O vicepresidente segundo da Deputación explicou que “imos de ter a primeira reunión cos concellos da provincia de Ourense para constituír esta AECT, entre os concellos lusos da Reserva da Biosfera Xurés-Gerês e a Raia Seca ourensá, concretamente os municipios pertencentes a esta reserva e, ademais, os que limitan coas cámaras lusas integrantes”.
Na reunión estiveron a alcaldesa de Bande, Sandra Quintas; o alcalde de Cualedro, Luciano Cuquejo; o alcalde de Entrimo, Ramón Alonso; a alcaldesa de Lobios, María del Carmen Yáñez; o alcalde de Monterrei, José Luis Suárez; a alcaldesa de Oímbra, Ana Villarino; o alcalde de Padrenda, Manuel Pérez; o alcalde de Quintela de Leirado, José Antonio Pérez; o edil de Baltar José Antonio Feijóo; o edil de Lobeira Antonio Álvarez e a técnica de Calvos de Randín Cristina Salgado.
O alcalde de Muíños, Plácido Álvarez, non puido acudir por motivos de axenda.
César Fernández resaltou que, con esta reunión, avánzase na definición dos “obxectivos e as liñas de traballo fundamentais, e a partir de aí marcámonos como horizonte tela constituída antes de finais do 2022”.