Incricións ata o 30 de xuño
Sandiás presenta unha nova edición do campamento 'Concilia pola Igualdade'
25 de junio de 2021 (20:47 h.)
O Concello de Sandiás presenta unha nova edición do campamento Concilia pola Igualdade para este verán. As actividades que se van a realizar son de tempo libre e promoción cultural para nenos, nenas e xuventude do municipio. Todas estas accións serán dende o un de xullo ata o tres de setembro, de luns a venres de 9:00 á 13:00 horas no CEIP de Sandiás.
Información e inscricións:
Para apuntarse hai que ir a Casa do Concello en horario dende ás 9:00 ata ás 14:00 horas ata o 30 de xuño.