NOTICIAS A LIMIA | A pandemia desbócase na comarca: 11 casos novos nun día ata os 23
Este venres día 12 amencía cunha subida notable dos contaxios por coronavirus en toda a comarca. Un total de 11 positivos novos sumábanse ás cifras de todo o territorio limiá, dando o resultado de 23 casos activos.
O Concello de Xinzo sitúase no pódium de maior aumento dos contaxios con tres novos positivos. A vila rexistra agora un total de sete casos activos.
Tras del están Sandiás e Trasmiras, cada un dos municipios sumaba hoxe dous contaxiados pola Covid - 19. Os seus datos son de tres e seis positivos respectivamente. Tamén engade dous casos novos o Concello de Vilar de Barrio, o cal levaba dende o pasado día 24 de setembro mantendo as súas cifras a cero.
Porqueira e Vilar de Santos presentan un ascenso máis lento. Rexistran un caso novo por vila ata obter tres contaxios no primeiro concello e dous no segundo.
Con isto, suben a seis os territorios da Limia que están a rexistrar a presenza do virus entre os datos da súa súa poboación, quedando só cinco coas cifras de contaxios a cero.
Así queda o rexistro de positivos na Limia o 12/11:
- Baltar: 0
- Os Blancos: 0
- Calvos de Randín: 0
- Porqueira: 3 (+1)
- Rairiz de Veiga: 0
- Sandiás: 3 (+2)
- Sarreaus: 0
- Trasmiras: 6 (+2)
- Vilar de Barrio: 2 (+2)
- Vilar de Santos: 2 (+1)
- Xinzo de Limia: 7 (+3)