Só se contabilizan 3 casos
A situación da Covid - 19 na Limia segue estable
26 de mayo de 2021 (20:12 h.)
A comarca da Limia mantén os mesmos datos da Covid - 19 dende o pasado 21 de maio. Polo de agora, a situación segue sendo favorable e estable en toda a contorna según os datos que remite o Servicio Galego de Sáude (Sergas). Toda esta situación explícase co ritmo constante de vacinación na nosa Comunidade.
Por o momento, queda a incerteza sobre o impacto da fin do Estado de Alarma que eliminou o toque de queda e o cerre perimetral en Galicia. Co paso dos días, veremos si coa apertura do ocio e as xuntanzas das persoas incrementa a transmisión do virus.
Pero, polo momento, os datos son os mesmos que fai uns días. Resumimos a situación na Limia:
- Baltar, Os Blancos, Calvos de Randín, Porqueira, Rairiz de Veiga, Sarreaus, Trasmiras e Vilar de Santos: cero casos.
- Sandiás, Vilar de Barrio e Xinzo de Limia: un caso.