Plan Estratéxico do sector agrario da comarca
Xunta e Estado constitúen unha comisión para garantir a viabilidade do sector agrario na Limia
18 de junio de 2021 (22:33 h.)
A Xunta de Galicia e o Estado constitúen unha comisión interdepartametal ao abeiro do Plan Estratéxico do sector agrario da Limia co obxectivo de mellorar a xestión das dexeccións gandeiras e o regadío da comarca para así garantir a viabilidade do sector agrario e a calidade de vida da poboación.
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, apuntou que a Limia é unha das comarcas con maior producción agrícola de Galicia, tanto en productos agrícolas como en gandeiros.
Santé concluíu referíndose a tres obxectivos específicos:
- Mellora da xestión das dexeccións gandeiras e do regadío na comarca da Limia.
- Análise da viabilidade e do alcance das propostas de proxectos e accións extraídas do proceso de participación e do traballo de elaboración do Plan.
- Establecemento dunha serie de medidas concretas que se poidan incluír no Plan cun compromiso de execución nun curto, medio e longo prazo.