NOTICIAS A LIMIA | Realízanse obras no firme e nas beirrarúas da travesía de San Paio de Baltar
Fai aproximadamente 15 días que deron comezo unha serie de obras de mellora na OU - 1110 de Baltar, concretamente na travesía de San Paio, unha vía que conecta o concello en dirección Calvos de Randín. As actuacións abranguen un kilómetro total aproximado da estrada.
Os traballos que se están a realizar consisten no levantamento das vellas lousas da beirrarúa do camiño, co obxectivo de substituílas por outras novas. As antigas laxas atopábanse nun estado moi deteriorado, o que complicaba o paso de moitos dos peóns pola zona. Ademais, o traxecto non contaba cos accesos correspondentes para minusválidos, facendo case imposible o seu paso.
A esto úneselle a perigosidade coa que conta o traxecto, un tramo no que se concentra moita circulación viaria. É por iso que tamén se procederá ao asfaltado do firme, co obxectivo de mellorar o tránsito dos vehículos e reducir o grao de probabilidade de accidentes.
As obras poderían estar rematadas nun mes. Esta tardanza débese ao traballos de reposición da rede de saneamento e regadío que se se aplicarán xunto ao resto de actuacións.
As melloras saíran a licitación por un valor aproximado aos 200.000 euros.