NOTICIAS A LIMIA | Un incendio arrasa con catro hectáreas de monte en Gomariz, Baltar
Sobre as 15:15 da tarde de hoxe alértabase sobre a presenza de lume no alto do monte da aldea de Gomariz, no Concello de Baltar. Ao parecer, as lapas propagáranse cerca dunha finca usada para o pasto de ovellas e cabras.
Víronse afectadas polo fogo unhas catro hectáreas en total, concretamente 0,3 en arborado e 3,7 en raso. Afortunadamente non houbo non feridos nin danos materiais graves. O fogo deuse por extinto sobre as 17:05 horas da tarde.
Debido ao difícil acceso que presentaba a zona afectada polas lapas, unha das veciñas do lugar tivo que abrir os accesos da súa propiedade para facilitarlle a entrada aos servicios de extinción de incendios. Ata o lugar do suceso acudiron dous axentes forestais, nove brigadas, tres motobombas, e dous helicópteros.