NOTICIAS A LIMIA | Pro Animales Xinzo busca casa de acollida para a femia mastín maltratada en Calvos
Despois dun longo proceso de traballo, a Asociación Animalista Pro Animales Xinzo, consegueu a cesión dunha das cadelas - concretamente a de raza mastín- por parte do dono da xa coñecida granxa de Santiago de Rubiás, no Concello de Calvos de Randín. Un individuo denunciado pola entidade e veciños da zona por contar con diversos animais -entre eles cans e ovellas-en estado de malnutrición e abandono.
O pasado seis de novembro conseguíase que o particular cedera a nove cans -os cachorros e o mastín macho-. Deles, dous faleceran días despois debido ao pésimo estado de saúde no que se atopaban.
Nestros intres, Pro Animales Xinzo, fai un chamamento á colaboración da veciñanza, pois necesitan un fogar de acollida para o último dos rescates. A entidade comprométese a facerse cargo dos gastos alimenticios e veterinarios da cadela, e mesmo darlle coidados, pero non dispoñen dun espazo axeitado para a mesma. O ideal sería atoparlle un lugar que dispoña de finca, para que o animal teña un espazo acorde ao seu tamaño.