1 de marzo de 2023, 19:07
A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal do concello ourensán de Calvos de Randín, parroquia de Randín, quedou estabilizado ás 18:54 horas. O lume iniciouse ás 18:00 horas e segundo as primeiras estimacións afecta menos dunha hectárea de superficie dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés.
Polo de agora, mobilizáronse para o seu control 1 axente, 1 brigada, 1 autobomba e 1 helicóptero.