O lume entrou dende Portugal e afecta á parroquia de Randín
NOTICIAS A LIMIA | Activo un incendio en Calvos de Randín
05 de febrero de 2023 (20:16 h.)
Segundo vén de informar a Consellería de Medio Rural, permanece activo un lume na parroquia de Randín, no concello limián de Calvos de Randín.
O lume iniciouse ás 17:24 horas en Portugal e posteriormente entrou en Galicia, afectando ao Parque Natural Baixa Limia - Serra do Xurés. No seu control traballan 2 axentes, 2 brigadas e 2 motobombas.