23 de septiembre de 2021, 10:05
A Garda Civil de Calvos de Randín detivo onte a un veciño de Portugal, de 59 anos de idade, como presunto autor dos feitos acontecidos o pasado día 13 de setembro á madrugada nunha rúa de Ponte Linares.
Ao acusado impútanselle os delitos de lesións, xa que a vítima, un mozo de 24 anos de Calvos de Randín, fora agredida cunha sustancia inflamable que lle deixara diversas queimaduras no rostro. Según declaracións do rapaz, o seu amigo rociárao previamente con gasolina e tiráralle un misto encendido.
Según o xulgado de instrución de Bande, o detido presentouse voluntariamente no cuartel tras ser requerido.