jueves. 21.11.2024

Nove foron os cans que a protectora Pro Animales Xinzo logrou rescatar da granxa de Santiago de Rubiás, en Calvos de Randín, onde malvivían os animais. Fixérono, logo de interpor varias denuncias ante o Seprona e de que este medio, en exclusiva -aínda que máis tarde se sumaron outros- vivise e contase como se atopaban. 

O relatado por Diario do Limia vén de confirmarse polos servizos veterinarios contratados pola familia de acollida que se fixo cargo de oito canciños e un dos mastíns adultos, o macho. Segundo nos conta María del Campo, "o veterinario pudo comprobar que as mascotas que estamos tratando estaban con sarna, cheos de lombrigas e o mastín adulto tiña 30 kilos menos dos que debería de pesar", asegura. 

Dous cachorros mortos

Non é a única nova triste de toda a historia destapada por Diario do Limia. Dos oito cachorros rescatados da granxa, dous deles -unha femia e un macho- faleceron ás poucas horas. A pequena, malia todos os coidados e tratamentos facilitados polos novos coidadores, na noite do venres. Un dos seus irmáns, onte martes. 

WhatsApp Image 2021-11-10 at 19.51.17

Os pequenos e o mastín adulto, desfrutando xa dunha nova e máis segura residencia. 

María del Campo ten claro que "isto non vai a quedar así. É evidente, e como tal así está tipificado, que se trata dun claro maltrato animal por conducta omisiva que vén de ter un resultado de morte de dous canciños, froito da evidente malnutrición e da falta de coidados que precisaron ao nacer. Alguén terá que responder por acción ou omisión perante un xuíz", conclúe María del Campo. 

NOTICIAS A LIMIA: Sarnosos, cheos de lombrigas e con 30 kilos menos de peso: así...