O alumnado de Xinzo rinde homenaxe a Xela Arias e a Carlos Casares nas súas obras
Os rapaces de Primaria e Secundaria de Xinzo de Limia homenaxearon e promoveron a lingua galega coa presentación de 44 traballos a "Unha cuberta para Xela Arias" e 33 a "Quen é Toribio?", organizado polo aniversario deste conto de Carlos Casares. Neste último caso, son debuxos que reflicten, ao seu modo, algunhas das historias que aparecen na serie. Estes concursos de debuxo foron promovidos polo Concello e a Fundación Carlos Casares. O xurado destacou a "excelente calidade" das obras que serán expostas na Casa da Cultura. Está previsto que o día 24 de xuño se entreguen os premios no salón de plenos do Concello.
O Concelleiro de Cultura, Ramiro Rodríguez, sinalou que "en todas as categorías hai unha gran calidade, pero son de destacar as de secundaria. O esforzo dos participantes móstrase na exposición que se está a organizar".
O xurado outorgou unha mención a Xiana Carballo pola súa obra porque demostrou "un esforzo e paixón artística encomiables". En canto a narración curta de Carlos Casares, despertou unha gran interese porque aínda está recibindo as obras. Co cal, prevén que os gañadores se coñezan nos próximos días.
Os premios consisten en vales para mercar libros e material escolar nas librarías da localidade. O Concello repartirá case 2.000€ en premios e todos os galardoados recibirán un diploma acreditativo.