Comeza a V edición do concurso literario infantil/xuvenil de narrativa curta en galego, Carlos Casares
A Concellería de Cultura e Mocidade do Concello de Xinzo de Limia ven de convocar a quinta edición do Concurso literario infantil e xuvenil de narración curta Carlos Casares, con ocasión da celebración do Día das Letras Galegas.
Ao concurso poderán concorrer os rapaces de Xinzo que presenten un relato inédito -de temática libre- da súa autoría e escrito en galego, antes das 14 horas do venres, 28 de maio, ao correo da Concellería de Cultura, cultura@xinzo.gal, ou en formato físico na Casa de Cultura ou nos centros CEIP e IES de Xinzo de Limia.
O concurso establécese en sete categorías, dependendo do curso escolar ao que pertenza cada alumno, e os premios daranse en cada categoría: infantil (1 categoría), primaria (3 categorías), secundaria (2) e bacharelato (1).
Para cada categoría exíxense distintos requisitos, que poden consultar nas bases do concurso, aqui.
Premios
Outorgaranse dous premios por categoría (primeiro e segundo premio), que consistirán en vales para mercar libros e material escolar nas librerías de Xinzo de Limia, por importes de entre 50 e 300 euros, dependendo da categoría e de si é o primeiro ou o segundo premio.
Os resultados faranse públicos ao longo do mes de xuño, e os relatos premiados serán publicados na web e nas redes sociais do consistorio.
Máis detalle nas bases do concurso.