A Limia, capital da cultura esta fin de semana para poñer fin ás Letras Galegas
Hoxe, sábado 22 de maio, o Mosteiro de Trandeiras (Xinzo de Limia) acollerá o concerto "A Limia Máxica". A actuación, que correrá a cargo da Agrupación Musical da Limia, dará comenzo a partires das 18:30 horas. Acudirá o director convidado e mestre da Banda de Música Maestro Lupi de Benavente, José López.
Este domingo emitiráse o documental "Xela Arias, poeta nas mares" na Casa da Cultura de Xinzo a partires das 19:00 horas. Ao rematar o visionado, haberá un coloquio ca directora da obra, Beatriz Pereira.
Recomendacións e reservas
Ambos eventos son gratuítos. Recoméndase no caso do concerto, cubrir previamente unha enquisa que se atopa na páxina de Facebook do Concello de Xinzo. En canto ao documental de Xela Arias, pídese aos interesados facer as súas reservas mediante correo eletrónico a cultura@xinzo.gal ou chamando ao teléfonos: 988 461 4442, 604 078 053 ou 772 245 979.