DEPORTES | Regresan as carreiras de camións ao circuíto de Montalegre (Portugal)
O campionato portugués RX 2022 comeza esta fin de semana no Circuíto Internacional de Montalegre, a 30 quilómetros de Xinzo, coa disputa da primeira das oito probas do calendario. Como novidade a respecto do ano pasado, está o regreso da categoría de camións.
As entradas teñen un prezo de 10 euros nun billete para os dous días de competición. O mesmo circuíto acollerá en xullo outra cita dun campionato que ten un total de oito, distribuídas polos circuítos de Lousada, Baltar, Sever do Vouga e Maçao que se completarán entre abril e outubro.
O Circuíto Internacional de Montalegre albergará no mes de setembro unha proba da FIA World Rallycross Championship.
O programa deportivo de Montalegre durante o mes de abril inclúe o Portugal Trail, os días 12 e 13 (evento que precede a gran cita do trail, a Trans Peneda-Gerês, en maio) e a marcha cicloturista Ourense Strade Termal, con saída e meta en Lobios e que pasará por Pitões das Júnias cubrindo a metade do percorrido por estradas lusas.