A colección estará disponible en varios puntos da vila

NOTICIAS XINZO | Os deportistas dos clubes locais, protagonistas dun álbum de cromos

Cristina Campero, concelleira de Deportes de Xinzo de Limia na presentación da colección de cromos acompañada dos membros dos clubes base da vila.

Xinzo de Limia vive unha nova e ilusionante iniciativa que pon en valor o deporte base local. Os clubs E.D.C. Xinzo de Limia, A.B. Xinzo, Club Kárate Xinzo e A.D. Limiactiva únense para lanzar unha colección de cromos protagonizada polos propios deportistas da vila.

A colección busca ser un recordo único para as familias e, ao mesmo tempo, unha gran oportunidade para promover o deporte base entre a veciñanza. A colección está composta por dous álbums que inclúen os seguintes clubs e disciplinas:

  • Clubes Limiactiva, Baloncesto Xinzo e Club Kárate Xinzo
  • Escolas Deportivas Concello de Xinzo (ximnasia, fútbol sala e fútbol)

 

Os sobres de cromos estarán dispoñibles en varios puntos de distribución locais, permitindo que todos os veciños poidan formar parte desta bonita iniciativa. Para obter máis detalles e estar ao tanto das novidades, os interesados deben seguir as redes sociais dos clubs participantes.

Esta iniciativa reflicte o compromiso dos clubs e do Concello de Xinzo de Limia co deporte federado de base, recoñecendo o esforzo e a dedicación dos mozos e mozas deportistas, e destacando a importancia dunha vida activa e saudable.