NOTICIAS A LIMIA | A concelleira do PSdeG de Os Blancos acusa ao alcalde de mentir coa débeda do concello
A concelleira do PSdeG de Os Blancos, Emilia López Blanco, respondía esta mañá ao comunicado publicado o pasado mércores por parte do alcalde, José Manuel Castro Blanco, no cal desmentía as acusacións realizadas cara aos membros do concello tras o polémico pleno de agosto e culpaba ao goberno socialista de ser un dos causantes do conflito.
López Blanco nega a mellor situación de débeda do concello que defendía o alcalde e resalta que se segue a ter que entregar unha cifra astronómica de 3.900.000 euros. Tamén engade que o político está a realizar unha subida dos impostos municipais sen contraprestacións e baixo ningunha xustificación.
A concelleira resalta que é obvio que os intereses do concello deban estar por enriba de todo, tal coma viñera defendendo Manuel Castro na mensaxe, e aproveita para comentar que as "aspiracións chovinistas" del e as da súa "camarilla de goberno" impiden que vexan máis alá.
Concibe a forte opinión mediática á que os Os Blancos se viu sometido coma un desmantelamento do goberno que está a rexir, unha "exposición pública para que os veciños teñan a oportunidade de ver o comportamento vergoñento de quen os representa".
No tocante ao conflictivo tema do Espacio Matrioska, López Blanco critica o desaloxo que se lle aplicou ao colectivo e resalta que é unha proba clara das verdadeiras intencións e das prioridades do alcalde, na que el "prefire a construcción de dous apartamentos de dudosa utilidade no pobo" antes que o asentamento da xuventude e a difusión cultural.
A política acusa a Castro Blanco de confundir a democracia coa autocracia e resalta a falla de respecto da que carecen el e algúns dos concelleiros do seu partido á hora de responder ás propostas e suxerencias que realiza nos plenos. "O insulto e a provocación son patrimonio seu..."
Tamén contesta ás alusións que realizara o alcalde na súa última mensaxe cara ao portavoz do PSdeG de Ourense, Rafael Villarino, e ao secretario xeral do PSOE en Galicia, Gonzalo Caballero, resaltando que os seus compañeiros socialistas de partido realizan o seu traballo con dignidade e honestidade. Aproveita así para decirlle que se centre nos membros dos seu bando xa que "¿Como é posible que tanto o Sr. Baltar e o Sr. Feijo permitan que un alcalde do PP se manifeste así nun pleno e xestione un concello cada vez máis endeudado?".
Emilia López Blanco despídese recordándolle ao político que se centre en traballar para o pobo de Os Blancos, cousa que ela seguirá facendo.