jueves. 21.11.2024

O alcalde do Concello de Os Blancos, José Manuel Castro Blanco, fixo público un bando informativo para todos os veciños e veciñas do municipio no que informou sobre o programa "Xuntos polo Nadal". Unha iniciativa da Consellería de Política Social adicada a aquelas persoas maiores que viven soas ou que non dispoñen de famila para celebrar o Nadal.

A actividade será totalmente gratuita e consistirá nunha estancia de oito días- que coincidirán coas datas dos festexos- en habitacions compartidas e con pensión completa na Residencia de Tempo Libre de Panxón, no Concello de Nigrán -Pontevedra- . Nos gastos de aloxamento e alimentación tamén se incluirá o transporte, que se realizará en autobús dende a localidade dos inscritos ata a residencia.

Os interesados deberán alistarse antes do día 30 deste mes no Concello de Os Blancos. Para realizar a solicitude deberán cumprir antes unha serie de requisitos:

  • Ter 60 anos cumpridos antes do 30 de novembro.
  • Estar empadroado nalgún concello galego.
  • Vivir só no fogar.
  • Non ser unha persoa dependente nin padecer ningunha enfermidade grave ou trastorno mental.
  • Estar vacinado contra a Covid - 19.

Terán preferencia no proceso de inscricións as persoas viúvas ou as que non participaran noutras edicións do programa

Este ano, a iniciativa ofrece para toda Galicia unhas 526 prazas, contabilizando 280 só para a provincia de Ourese.

NOTICIAS A LIMIA | O Concello de Os Blancos únese ao programa para maiores "Xuntos polo...